Sony Ericsson W205, pensado para a reprodución musical
martes, 7 de abril do 2009
Pensando nun
público mozo presentan o novo Sony
Ericsson W205 Walkman, un terminal telefónico con teclado deslizante
básico, con pantalla de 1,8 polgadas, conectividade GSM/GPRS, cámara de 1,3
Mpíxeles, Bluetooth e lector de Memory Stick Micro (M2) de ata 2 Gb (na que
cargar ficheiro MP3 ou AAC), que estaría
destinado á reprodución musical.
O terminal conta coa tecnoloxía TrackID para axudarnos a recoñecer temas
musicais que queiramos escoitar no futuro e que se poidan escoitar a través da
súa radio FM con RDS (da que tamén pode gravar un fragmento para utilizalo logo
coma ton de chamada).
O W205 mide 92 x 47 x 16,4 milímetros, pesa 96 gramos, ten unha autonomía de
ata 9 horas en conversa, 425 horas en espera e 13 e media reproducindo música e
sorprende por contar tamén cun accesorio á venda que o complementará: a base
MS410, que serve de altofalantes para o móbil, así como integra unha antena
para mellorar a recepción de radio FM.
Tanto o móbil coma o seu curioso accesorio sairán á venda no segundo trimestre
do ano a un prezo por determinar.
- O Sony Ericsson W205 Walkman conectado á base-altofalante MS410