Sony Ericsson anuncia un móbil Android con botón Walkman

luns, 22 de agosto do 2011 Marcus Fernández

A liña Walkman de Sony Ericsson consistía en terminais de gama media-baixa con funcionalidades multimedia, de xeito que resultaban bastante prácticos para escoitar música, pero agora sube un chanzo ao anunciarse un novo terminal con Android 2.3 que responde ao raro nome de Sony Ericsson Live with Walkman, que cun deseño curvo, unha pantalla de 3,2 polgadas e un procesador a 1 GHz, destaca por contar cun botón físico dedicado ás funcionalidades Walkman, o que permite un acceso directo á reprodución multimedia dende o móbil (permitindo tamén compartir e descubrir música a través da súa integración con Facebook).
O novo móbil ten unha cámara de 5 Mpíxeles con enfoque automático capaz de gravar vídeo a 720p, utiliza a tecnoloxía de Sony xLOUD para optimizar a saída de audio, ten unhas medidas de 106 x 56,5 x 14,2 milímetros e un peso de 115 gramos, e chegará ao mercado no último trimestre do ano en 2 cores (branco e negro).

JPEG - 38.1 KB
O Sony Ericsson Live with Walkman conta cunha cámara de 5 Mpíxeles

PUBLICIDADE