Sony Ericsson lanza 3 novos móbiles Walkman

mércores, 23 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Dende Sony Ericsson non están quietos no verán e estrean 3 novos móbiles da gama Walkman, os W902, W302 e W595, que continúan a apostar pola reprodución musical como xeito de achegarse aos consumidores.
O Sony Ericsson W920 sería un terminal con forma de pastilla, cunha pantalla de 2,2 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles, conectividade HSDPA, lector de tarxetas Memory Stick Micro, cámara de 5 Mpíxeles e Shake control.
O Sony Ericsson W302 sería un modelo máis sinxelo, con conectividade EDGE, cámara de 2 Mpíxeles, lector de tarxetas Memory Stick Micro e radio FM e, noutra liña de deseño, o W595 apostaría por un teclado deslizante, conectividade HSDPA, cámara de 3,2 Mpíxeles, Shake control e radio FM.
Os tres terminais son bastante delgados, e presentan un deseño bastante atractivo, quedando agora por saber os prezos aos que os venderán as operadoras de telefonía móbil.

PUBLICIDADE