Sony Ericsson presenta un móbil cunha cámara de 12,1 Mpíxeles

luns, 16 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Sony Ericsson non só lanza móbiles da liña Walkman, e como exemplo deu a coñecer hoxe o novo Idou, que conta cunha pantalla táctil panorámica de 3,5 polgadas cunha resolución de 640 x 360 píxeles, Wi-Fi, 3G, GPS, lector de tarxetas microSD e, o máis abraiante de todo, unha cámara de 12,1 Mpíxeles con flash de xenon e enfoque automático, polo que tomaría a dianteira a outras compañías no tocante á resolución da súa cámara dixital, aínda que o tamaño da súa pantalla tamén nos dá a entender que conta cunha forte orientación á reprodución multimedia (como películas e fotografías).
Este terminal empregará a nova plataforma da Symbian Foundation (semellante ao S60 táctil de Nokia) e chegará ao mercado preto do comezo do verán.


Adianto da nova interface do Sony Ericsson Idou

PUBLICIDADE