Sony Xperia E: un smartphone económico con Android 4.1

mércores, 5 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Sony anunciou hoxe un novo membro da familia Xperia que sairá á venda no primeiro trimestre de 2013 en versión normal e de dobre SIM e que busca facerse un espazo entre os smartphones a prezo asumible. O Sony Xperia E chegará como un móbil compacto que mantén chamadas cunha boa calidade grazas á tecnoloxía HD Voice (incluíndo tamén cancelación de ruído) e tamén incorpora un sistema de control de enerxía, que cando detecta que a pantalla está en repouso desactiva distintas funcións conseguindo multiplicar ata por 4 a súa autonomía.
Pese a que esteamos a falar a falar dun móbil económico (parece chamado a suceder ao Xperia tipo) mantén unha aparencia elegante, cun grosor de só 11 milímetros e un peso de 115,7 gramos; goza do sistema operativo Android 4.1, unha pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480 píxeles, cámaras de 3,2 e 0,3 Mpíxeles, procesador Snapdragon a 1 GHz, 512 Mb de RAM e memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD de ata 4 Gb. Estaría dispoñible en cor negra, branca e rosa.

JPEG - 50.2 KB
O Sony Xperia E estará dispoñible en 3 cores distintas


Vídeo de presentación do novo Sony Xperia E

PUBLICIDADE