Sony Xperia go, un smartphone básico resistente a auga e po
martes, 13 de novembro do 2012
- O Sony Xperia go véndese en 3 cores distintas
Un dos novos móbiles
resistentes de Sony, o Xperia go, vai incorporarse ao
catálogo de móbiles de Orange o vindeiro 1 de decembro de xeito que poderá
conseguirse dende 0 euros coas tarifas DelfÃn ou Ballena, aÃnda que xa está
dispoñible libre dende hai varios meses e pode resultar interesante para que
precise dun smartphone que cumpra coas funcións básicas pero que sexa
resistente á auga e ao po.
O Sony Xperia
go funciona con Android 4.0, un procesador Cortex A9 NovaThor U8500 de
dobre núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM e 8 Gb de almacenamento interno ampliable
mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, prestacións modestas como a súa cámara
de 5 MpÃxeles con enfoque automático e flash LED e a súa pantalla de 3,5
polgadas cunha resolución de 480 x 320 pÃxeles, que serÃan máis propios dun
terminal de gama baixa, pero que nesta ocasión pode perdoarse por ser un
terminal orientado a un público que busca a resistencia e non a potencia. O seu
grosor é de só 9,8 milÃmetros e pesa 110 gramos.
Os usuarios que gusten da resistencia deste móbil, pero sexan máis esixentes no
tocante ás súas prestacións, deberÃan agardar unhas semanas á chegada ao
mercado do Sony
Xperia V, que xa incluirá procesador de 4 núcleos, 1 Gb de RAM, pantalla de
4,3 polgadas de alta definición, cámara de 13 MpÃxeles e mesmo NFC.
- O terminal móbil é resistente á auga e ao po