Sony actualiza os seus portátiles VAIO S

mércores, 25 de maio do 2011 Marcus Fernández

A familia de portátiles VAIO S actualízase, de xeito que estes equipos de alta portabilidade con Windows 7 e pantalla de 13,3 polgadas parten agora dun procesador Intel Core i5-2410M, gráfica AMD con 512 Mb de memoria, 4 Gb de RAM, 500 Gb de disco duro e gravadora de DVD a un prezo de 999 dólares, podendo chegar a un procesador Core i7, gráfica AMD con 1 Gb de memoria, 8 Gb de RAM, unidade de memoria sólida de 1 Gb, gravadora de Blu-ray, conectividade de banda larga móbil e unha batería que permitiría incrementar a súa autonomía ata chegar ás 15 horas (cando o normal neste tipo de equipos é que aguanten a metade cunha única carga).

JPEG - 42.5 KB
Os portátiles VAIO S poden adquirise en cores bastante atractivas

PUBLICIDADE