Sony actualiza os xogos dispoñibles a través de PlayStation Plus
mércores, 4 de marzo do 2015
Hoxe muda a oferta de xogos
dispoñibles para os usuarios de PlayStation Plus sen cargo adicional, que
se manteñen nunha liña moi discreta en contraste cos grandes
tÃtulos que ofrece Microsoft aos usuarios de Xbox LIVE Gold, dando a
impresión de que Sony relaxou o ritmo pasada a campaña de Nadal.
Os usuarios de PlayStation 4 poderán facerse con Oddworld:
New ‘n’ Tasty (valorado en 20,99 euros), un xogo que recupera un
clásico da primeira PlayStation (Abe’s Oddysee) adaptado aos novos tempos, o que agradecerán os
que gustasen do tÃtulo orixinal; e tamén teñen dispoñible o xogo de Ubisoft Valiant
Hearts: The Great War (valorado en 14,99 euros), que presenta unha
aventura con estética de cómic na que se cruzan catro destinos e un amor
perdido nun mundo desgarrado.
Para PlayStation 3 a oferta de xogos no Plus parece bastante alternativa, co fermoso xogo de Papo
& Yo (valorado en 7,99 euros) e a aventura de misterio de Sherlock
Holmes: Crimes and Punishments (valorado en 49,99 euros).
Os usuarios de PS Vita posiblemente estean máis contentos ao ver que os tÃtulos
que se ofrecen este mes, pese a non ser AAA, están moi ben valorados: OlliOlli2:
Welcome to Olliwood (valorado en 9,99 euros) e CounterSpy
(valorado en 12,99 euros). Ambos xogos son Cross
Buy, ou sexa, que tamén poderán gozarse en PS3 e PS4.
- CounterSpy é un dos xogos para PS Vita que este mes reciben os subscritores de PS Plus