Sony anuncia a súa propia videocámara deportiva
mércores, 27 de xuño do 2012
Sony presentou nas últimas horas un novo tipo de cámara de
alta definición que pretende atender á demanda de videocámaras deportivas para
filmar escenas de acción en primeira persoa, que sexan doadas de levar, e que vai estrearse no outono cunha cámara de
pequeno tamaño, moi lixeira, que combinará un sensor Exmor R CMOS (capaz de
tomar imaxes con reducida iluminación) e unha lente Carl Zeiss Tessar de
ultra-grande angular. A tecnoloxÃa de
estabilización de imaxe SteadyShot tamén contribuirá a que as gravacións
realizada con esta interesante cámara non resulten incómodas de vez ao
rexistrar escenas de moita acción.
Sony tamén comercializará carcasas que permitirán protexer esta cámara de golpes
e auga. Teremos asà unha solución moi interesante para a práctica de actividades
de lecer no rÃo ou no mar e numerosos deportes de risco, no que parece unha
resposta ás cada vez máis populares cámaras GoPro.
- A cámara permitirá rexistrar as nosas actividades en primeira persoa
- Sony venderá carcasas para protexer a cámara da auga e os golpes