Sony anuncia novos móbiles Xperia resistentes
mércores, 30 de maio do 2012
Sony Mobile presentou hoxe 2
novos móbiles da familia Xperia que combinan con acerto prestacións
avanzadas e deseño coidado con resistencia física, de xeito que tanto pode resistir
a auga e o po como soportar rabuñaduras na súa pantalla. Chegarán ao mercado no
terceiro trimestre do ano.
O Sony
Xperia go estará dispoñible en negro, branco e amarelo, cun grosor de só
9,8 milímetros, pantalla de 3,5 polgadas con Mobile BRAVIA Engine (cunha
resolución de 480 x 3200 píxeles), procesador de dobre núcleo a 1 GHz, cámara
de 5 Mpíxeles (que grava vídeo a 720p), radio FM e sistema operativo Android
2.3 (estando xa prevista a súa actualización a Android 4.0).
- O Sony Xperia acro S é un móbil para usuarios esixentes que non queiran preocuparse pola integridade do seu terminal
Para quen quede cativo tal terminal, tamén teremos o Sony Xperia acro S, que opta por unha pantalla de 4,3 polgadas (cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles), procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM e unha impresionante cámara de 12,1 Mpíxeles (capaz de gravar vídeo Full HD) e outra para videoconferencia de 1,3 Mpíxeles (que grava vídeo a 720p). Contará dende o principio con Android 4.0, radio FM, saída HDMI, NFC, e mesmo certificación PlayStation, colocándose como un terminal moi completo que gaña enteiros grazas á súa resistencia, característica que valorarán moi positivamente os usuarios que empreguen o móbil en exteriores e en duras condicións (que poden ser dende meteoroloxía adversa ata a presenza de cativos no fogar).
- Os móbiles resistentes á auga e ao po poden resultar moi axeitados para o noso día a día
Repaso das características do Sony Xperia acro S
Vídeo no que podemos ver as vantaxe da resistencia do Sony Xperia go