Sony anuncia o seu propio Super Smash Bros

venres, 27 de abril do 2012 Marcus Fernández

Nas consolas de Nintendo leva tempo presente unha saga de videoxogos, Super Smash Bros, que consiste en mesturar numerosos personaxes de distintos títulos (Mario, Fox, Link, Kirby, Samus Aran ou Pikachu) e metelos nun xogo de loitas en grupo, fórmula que tivo moito éxito e que dende Sony parecen quere replicar, de aí que confirmen o desenvolvemento de PlayStation All-Stars Battle Royale, título no que está a traballar SuperBot Entertainment, que xuntará a numerosos personaxes de franquías de Sony como Sly de Sly Cooper, Kratos de God of War, PaRappa de PaRappa the Rapper, Radec de Killzone, Sweet Tooth de Twisted Metal ou a Fat Princess, que loitarán en escenarios inspirados en xogos como Ratchet & Clank, LittleBigPlanet ou God of War.
Este novo xogo está proxectado para finais de ano, contará con numerosos modos de xogos, escenarios e loitadores (dos que se darán máis detalles na vindeira edición do E3) e xa conta cun vídeo no que podemos ver como sería o título en acción:

Os escenarios de PlayStation All-Stars Battle Royale están inspirados en populares xogos para consolas de Sony (como Patapon
O xogo de SuperBot Entertainment está claramente inspirado na saga de Super Smash Bros

PUBLICIDADE