Sony anuncia o seu smartphone con pantalla Full HD de 5 polgadas

martes, 8 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

No marco do CES de Las Vegas a división móbil de Sony presentou oficialmente o seu novo e esperado smartphone Xperia Z, que vai chegar ao mercado este mesmo trimestre e destaca por contar cunha pantalla Full HD de 5 polgadas, procesador Snapdragon S4 Pro de 4 núcleos, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), cámaras de 13,1 e 2,2 Mpíxeles, NFC, Bluetooth 4.0, LTE e varias tecnoloxías características de Sony para pulir o que parece ser unha das grandes estrelas dos vindeiros meses. Entre os detalles que incorpora este grande móbil figura o sensor fotográfico Exmor RS, que inclúe HDR para vídeo, un modo de batería STAMINA que cuadriplica a autonomía en espera e unha serie de aplicacións da liña WALKMAN.
Este móbil funciona é resistente á auga e ao po (IP57 e IP55) e aínda que virá con Android 4.1, será actualizable a 4.2 en breve. O seu grosor será de só 7,9 milímetros, pesará 146 gramos e tamén estará dispoñible nun tamaño menos compacto, o Sony Xperia ZL, con 9,8 milímetros de grosor, 151 gramos de peso e con algunhas prestacións recortadas (entre as que destaca que carece de resistencia á auga e ao po).
Aínda que Sony non detallou prezo e data de lanzamento, a cadea británica Phones4U confirmou que terá o Sony Xperia Z o 1 de marzo, abrindo xa a súa reserva. Vodafone tamén confirmou que vai distribuír o novo móbil de Sony.

O Sony Xperia Z é resistente á auga
A cámara de 13 Mpíxeles con senxor Exmor RS é unha das grandes características do novo móbil
Os novos móbiles de Sony chegarán en 3 cores


Vídeo promocional do Sony Xperia Z

PUBLICIDADE