Sony anuncia unidades de memoria con USB e micro USB

xoves, 12 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Nun momento no que os datos móbiles principalmente a través da Internet, os dispositivos de almacenamento físico perden bastante pulo no mercado da electrónica de consumo, e teñen que reinventarse para conseguir destacar, o que parece que Sony conseguiu coas súas novas unidades de memoria USB, que contan non só cun tradicional conector USB 2.0, senón tamén un micro USB, de xeito que pode conectarse directamente a smartphones e tablets, o que agradecerán especialmente os usuarios de dispositivos con Android (ou plataformas móbiles de Microsoft) para poder acceder a vídeos e fotografías sen ter que empregar cables adaptadores nin conexións Wi-Fi.
Estas novas unidades de memoria sairán á venda en xaneiro con tapas de 3 cores distintas (branco, negro e morado) e en capacidades de 8, 16 e 32 Gb cun prezo de 19,99, 29,99 e 62,99 dólares respectivamente (14,52, 21,78 e 45,75 euros). Temos así unha interesante solución para poder achegar contidos de grande tamaño a dispositivos móbiles sen precisar de que conten con moito espazo libre na súa habitualmente reducida memoria interna.

JPEG - 29.6 KB
As novas unidades de memoria poden empregarse no ordenador e en dispositivos móbiles

PUBLICIDADE