Sony comercializará un mini-teclado para a PS3
mércores, 20 de agosto do 2008
Sony vai seguir os pasos de
Microsoft e emula o Xbox
360 Messenger Kit para a súa PS3 cun Wireless Keypad, que se pode
conectar ao mando Sixaxis (ou ao DualShock 3) facilitando a introdución de
texto, especialmente cando se intercambien mensaxes cos amigos a través da
PlayStation Network, lanzamento que chegará ante a inminencia de PlayStation
Home, o Second Life de Sony, que facilitará
a comunicación entre usuarios da PS3.
Coma detalle orixinal o Wireless Keypad contará cun modo
de uso que o converte nunha especie de touch
pad, de xeito que pasando os dedos sobre as teclas podemos
controlar o cursor en pantalla.
Este accesorio para a PS3 aÃnda non ten un prezo fixado, e o
seu lanzamento se estima para finais de novembro.