Sony demostra que as cámaras compactas aínda teñen moito que dicir

xoves, 11 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Aínda que a impresionante mellora das cámaras dos móbiles asestaron un golpe de morte ás cámaras fotográficas compactas, estas continúan a evolucionar, conseguindo prestacións case profesionais, como quere demostrar a nova Sony RX100 IV, unha impresionante cámara Cyber-shot que integra o novo sensor Exmor RS CMOS de tipo 1.0 con procesador avanzado de imaxe e un chip de memoria DRAM integrado, o que facilita unha impresionante mellor de velocidade da cámara na captura de vídeo, o que permítelle gravar vídeo até 1.000 fotogramas por segundo (o que sería unha cámara lenta de 40x).
A Sony RX100 IV tamén sería capaz de gravar vídeo 4K, de xeito que teriamos vídeo de ultra alta definición dende unha cámara moi compacta (só mide 101,6 x 58,1 x 41 milímetros e pesaría 298 gramos con batería e tarxeta de memoria incluídos). A cámara tamén sería capaz de disparar 16 fotografías por segundo, goza dun sistema de obturación anti-distorsión (cunha velocidade máxima de 1/32.000 segundos) que permítelle capturar obxectos movéndose a alta velocidade.
Esta cámara cun sensor de de 20,1 Mpíxeles, zoom óptico de 2,9x, Wi-Fi N e NFC sairá á venda o mes que vén a un prezo que estará no contorno dos mil dólares.

A cámara é moi versátil, tanto polo seu tamaño como por contar con pantalla abatible


Demostración en vídeo da cámara lenta da nova cámara compacta de Sony