Sony engade pantalla táctil ás cámaras Bloggie

xoves, 2 de setembro do 2010 Marcus Fernández

As cámaras de vídeo compactas téñeno cada vez máis complicado para manterse no mercado, de aí que teñan que innovar constantemente para non ser relegados totalmente a favor dos teléfonos móbiles, e neste liña chega a Sony Bloggie Touch MHS-TS20K, que cun tamaño moi reducido (15,2 x 107,0 x 52,0 mm) e un peso de só 125 gramos permite tomar fotografías a través do seu sensor CMOS de 12,8 Mpíxeles e gravar vídeo en alta definición a 1.080p a 30 cadros por segundo en MPEG-4 AVC/H.264 (podendo chegar a 60 imaxes por segundo a unha resolución de 1.280 x 720 píxeles). Conta con 8 Gb de almacenamento interno, conector USB, saída HDMI e, especialmente, unha pantalla táctil capacitiva de 3 polgadas que é a súa grande novidade, facilitando tanto unha boa visualización de contidos coma o control do dispositivo.
Esta nova Bloggie tamén é capaz de tomar imaxes mentres gravamos vídeo, realizar panorámicas en 360 graos tanto de imaxe coma de vídeo, dobrando estas últimas a resolución das anteriores cámaras desta familia. Inclúe software que facilita compartir os contidos captados en Facebook, YouTube e Flickr. Estará dispoñible a primeiros de novembro por un prezo por determinar.

A pantalla de 3 polgadas permite ver comodamente os contidos capturados coa novo Bloggie Touch
A Bloggie Touch poderá adquirirse en 3 cores: rosa, prata e negro

PUBLICIDADE