Sony está a probar televisores dual-view
mércores, 23 de febreiro do 2011
Sony vén de demostrar unha nova
tecnoloxÃa que permite ver diferentes imaxes nun televisor dependendo da
posición do espectador, chamada dual-view,
e que poderÃa empregarse para partidas multixogador na consola de videoxogos
sen ter que empregar a técnica da pantalla
partida e incluso para ver dúas canles de televisión ao mesmo tempo (aÃnda
que un dos televidentes deberÃa empregar auriculares, agás que esta tecnoloxÃa
poida integrarse no futuro con sistemas de son direccional).
Ata o momento esta tecnoloxÃa está moi inmatura e serÃa unha derivación do
sistema empregado polas pantallas autoestereoscópicas, que en vez de optar
polas 3D aposta polo aproveitamento do televisor entre 2 persoas á vez para un
consumo audiovisual personalizado que poderÃa mudar drasticamente o xeito de
ver a televisión no futuro.