Sony incorpora a gravación de vÃdeo con enfoque automático ás súas cámaras réflex
mércores, 25 de agosto do 2010
As cámaras réflex
de Sony evolucionan incorporando a gravación de vÃdeo, de xeito que as
Sony A55 e A33, grazas á incorporación da tecnoloxÃa de espello translúcido
(que permite un enforque por detección de fase en vez de por contrate)
incorpora a gravación de vÃdeo a 1.080i ata un máximo de 29 minutos seguido e
con enfoque automático no modo de vÃdeo. Amais, estas novas posibilidades tamén
axudan
a evitar as molestas fotografÃas movidas.
Entre as diferenzas da A55 e a A33 está a súa velocidade de disparo, de xeito
que a A55 é capaz de disparar 10 fotografÃas por segundo, mentres que a A33
confÃrmase con 7 disparos por segundo; aÃnda que os 16,2 MpÃxeles da Sony A55
tamén é 2 MpÃxeles superior á resolución do sensor da A33. Outra importante
mellora da A55 fronte á súa irmá pequena é a integración de GPS para o
xeoposicionamento das fotografÃas que tomemos.
Ambas cámaras contan cunha pantalla de 3 polgadas abatible en 270 graos e un
visor electrónico cunha resolución de 1,1 MpÃxeles (que incluso podemos
utilizar durante a gravación de vÃdeo).
Ao igual que a familia NEX, estas novas réflex de Sony tamén poden tomar imaxes
panorámicas en 3D que poderemos ver en televisores compatibles conectando a
cámara aos mesmos mediante HDMI.
A Sony A33 sairá en setembro a un prezo de 650 dólares, mentres que pola A55
haberá que agardar a outubro, e o seu prezo será de 750 dólares. Ambas estarán
dispoñibles por 100 dólares máis cun obxectivo 18-55mm.
- O sistema de espello translúcido facilita o enfoque de obxectos en movemento