Sony integra un altofalante nas súas novas lámpadas LED regulables
martes, 12 de maio do 2015
Para conseguir unha mellor ambientación en diferentes
contornos do fogar Sony comezará
a comercializar o vindeiro dÃa 23 no Xapón as súas novas lámpadas LED
LSPX-10E26J, que custarán 24.000 iens (178,76 euros) e poderÃan substituÃr
unha lámpada ordinaria para conseguir achegar nun único elemento iluminación e
música, xa que este trebello combina unha lámpada LED regulable de 360 lumenes
e un altofalante de 2 watts, que pode controlarse a través de Bluetooth 3.0 e
emparellarse mediante NFC.
Estas novas lámpadas van na liña das lámpadas LED que vemos actualmente no
mercado, de xeito que só consumirÃa 7 watts para iluminar. Miden 116 x 61
milÃmetros, pesan 205 gramos e serÃan aptas para colocar na cociña, no cuarto
de baño, no salón, no dormitorio... creando unha boa ambientación mediante o
control do seu brillo e do volume da súa música, para o que conta cun mando a
distancia, aÃnda que pode resultar máis cómodo o seu control mediante unha
aplicación para smartphones (iOS e Android). Unha interesante solución para
levar a música a localizacións nas que non hai un enchufe preto ou queira
camuflarse a presenza dun altofalante.
VÃdeo promocional das novas lámpadas LED con altofalante de Sony