Sony lanza un trípode capaz de disparar fotografías de xeito automatizado

xoves, 6 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de cámaras dixitais como as novas Sony CyberShot WX1 e TX1 poderán facer uso dun impresionante trípode robotizado chamado Sony Party Shot que aínda que ten un custo algo elevando (150 dólares) resulta realmente práctico por poder operar coma axudante fotográfico de xeito que é capaz de tomar fotografías panorámicas de ata 360 graos, inclinarse ata 24 graos para tomar sempre a mellor toma e incluso recoñecer as caras presentes para axustar a composición dunha fotografía para facela por nós.
Para procurar que as tomas captadas sexan as mellores o sistema non só recoñece os rostros, senón que tamén detecta os sorrisos, procurando así tomar as mellores imaxes posibles en xuntanzas familiares e festas.

PUBLICIDADE