Sony lanzará novas cámaras domésticas de alta definición
martes, 8 de maio do 2007
Sony presentou unha nova serie de cámaras AVCHD con
gravación en alta definición (que acadan as 1.080 liñas en modo entrelazado)
que incorporan
disco duro de ata 100 Gb o que lles permitiría almacenar ata 38 horas de vídeo.
A serie HDR-SR tamén incorpora son envolvente, e no modelo
SR8E conta con 100 Gb de disco duro mentres que os modelos SR7E e SR5E
teñen discos de 60 e 40 Gb respectivamente.
Estas novas cámaras só pesan 530
gramos (sen batería) e poden tomar imaxes fixas a entre 6,1
e 4,0 Mpíxeles (segundo o modelo). Integran unha pantalla panorámica de 2,7
polgadas e comezarán a venderse en xuño de 2007 a prezos de entre 1.200
e 1.800 euros.