Sony lanzará os seus propios ultraportátiles

venres, 26 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os ultraportátiles de baixo custo son o produto do ano, e fabricantes coma Sony non podían quedar atrás, e se filtrou estes días á web o que será a resposta do fabricante nipón a este mercado emerxente, os Sony VAIO serie P, que se presentarán no CES de Las Vegas.
Polo momento sabemos que estes equipos terán unha pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 1.600 x 768 polgadas, un procesador Intel a 1,33 GHz, disco duro de 60 Gb (ou unides SSD de 128 Gb) con sistema operativo Windows Vista, que se venderá en 3 cores (vermello carmesí, dourado champagne e negro seda).
Queda por saber o prezo ao que se venderá o equipo, así como a súa aparencia externa (pois as imaxes publicadas na Rede corresponden a un equipo VAIO TT).

PUBLICIDADE