Sony presenta a súa nova cámara dixital sen espello

mércores, 20 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Para os usuarios que buscan levar nos seus viaxes unha cámara dixital que poida sacar boas instantáneas Sony propón a súa nova NEX-3N, unha cámara bastante compacta (109,9 x 62 x 34,6 milímetros) e lixeira (269 gramos con batería e tarxeta de memoria) que presume de ser a cámara máis pequena e lixeira do mundo cun sensor tamaño APS-C, que permítelle sacar fotografías detalladas e gravar vídeo Full HD, conseguindo unhas prestacións moi semellantes ás dunha cámara réflex.
A Sony NEX-3N goza dun grande sensor CMOS Exmor APS HD de 16,1 Mpíxeles efectivos e alta sensibilidade (ata un ISO 16.000), un flash retráctil, unha pantalla LCD de 3 polgadas capaz de xirarse por 180 graos (facilitando incluso a toma de auto fotos) e soporte de TRILUMINOS Colour, tecnoloxía que permite gozar dunhas cores vivas e realistas cando vemos os seus vídeos e fotografías en televisores BRAVIA con TRILUMINOS Display.
Esta nova cámara de Sony con obxectivos intercambiables chegará ao mercado europeo en marzo, descoñecéndose polo momento o seu prezo.

O formato compacto da Sony NEX-3N non lle impide contar con flash

PUBLICIDADE