Sony presenta o seu dron orientado á imaxe profesional
martes, 12 de xaneiro do 2021
Hai un par de meses Sony adiantou
que ía entrar no mercado dos drons, e por fin dá máis detalle do que será a
marca Airpeak, que a
partir da vindeira primavera quere converterse en todo un referente para os
profesionais da fotografía e o vídeo profesionais cun dron que pode equiparse
con cámaras Sony Alpha sen espello para conseguir capturar imaxes de alta
calidade.
Este novo dron non sería tan compacto como os DJI Mavic, pero si sería o máis
cativo dentro da súa categoría, apostando por un deseño que permite cargar con
boas cámaras mantendo un voo preciso e estable para conseguir desatar as
posibilidades creativas dos profesionais da imaxe.
Aínda que o Airpeak estea pensado para cargar con cámaras sen espello, o dron
tamén está equipado coas súas propias cámaras, previsiblemente para detectar
obstáculos e facilitar a operación de voo, xa que o habitual neste tipo de drons
é o seu control por separado da aeronave e da cámara que carga.
Polo momento descoñécese o prezo co que Sony vai pór á venda este dispositivo
chamado a competir nun mercado que actualmente está acaparado por un único
fabricante (DJI).
Vídeo no que podemos ver o novo dron de Sony en acción