Sony presenta os seus auriculares con cancelación de ruÃdo máis avanzados
xoves, 15 de maio do 2025
Sony anunciou os auriculares sen fÃos WH-1000XM6, a nova edición dos seus auriculares de diadema de referencia en calidade de son e experiencia auditiva personalizada.
Esta versión combina unha cancelación de ruÃdo de nova xeración cun son afinado por especialistas da industria musical (como Chris Gehringer, Randy Merrill, Mike Piacentini e Michael Romanowski), nun deseño elegante pensado para viaxeiros, profesionais e amantes da música.
Cancelación de ruÃdo avanzada con procesamento en tempo real
O WH-1000XM6 incorpora o procesador QN3 HD Noise Cancelling, sete veces máis rápido que o do modelo anterior, capaz de controlar 12 micrófonos en tempo real. Esta arquitectura permite unha cancelación de ruÃdo máis precisa e efectiva, mesmo en contornas ruidosas como oficinas ou medios de transporte.
O sistema adaptativo mellorado, chamado Adaptive NC Optimiser, axusta automaticamente o nivel de cancelación segundo o ruÃdo ambiente e a presión atmosférica. Ademais, o modo Auto Ambient Sound adapta a presenza do son exterior, filtrando ou deixando pasar só o relevante. Todo pode configurarse coa aplicación Sony | Sound Connect.
Son de calidade para música e chamadas
Os auriculares WH-1000XM6 contan cun diafragma cunha cúpula de fibra de carbono e cunha bobina optimizada que potencia a claridade e o detalle en todas as frecuencias, permitindo unha experiencia sonora máis rica e precisa. A tecnoloxÃa DSEE Extreme, baseada en Edge-AI, restaura en tempo real frecuencias perdidas na compresión dos ficheiros de música. Ademais, a codificación LDAC garante son de alta resolución tamén en modo sen fÃos.
O modo Game EQ, deseñado por expertos da gama INZONE, optimiza a experiencia nos xogos FPS. E a función 360 Reality Audio Upmix for Cinema transforma o son estéreo nunha experiencia envolvente, similar á dunha sala de cine.
Un sistema de seis micrófonos con beam conforming e un algoritmo de redución de ruÃdo baseado en intelixencia artificial permiten illar a voz do usuario de forma eficiente. Mesmo en ambientes ruidosos, a voz transmÃtese con claridade grazas ao recoñecemento vocal preciso e aos micrófonos multidireccionais.
Deseño pensado para o confort diario
O deseño mellorado dos WH-1000XM6 inclúe unha diadema máis ancha e cómoda, fabricada con pel vexetal, e almofadas que reducen a presión e melloran o illamento acústico. Os controis táctiles permiten alternar facilmente entre modos de cancelación, son ambiente ou silenciar o micrófono.
O mecanismo de encartado, fabricado mediante inxección de metal, asegura resistencia e comodidade ao gardalos. Inclúe un estoxo compacto con peche magnético. Está dispoñible en tres cores: negro, platino e azul medianoite.
Conectividade intelixente e experiencia personalizada
Os WH-1000XM6 permiten experimentar a Scene-based Listening, unha función que adapta a reprodución de música e a cancelación de ruÃdo segundo a actividade e o contorno do usuario. Grazas á compatibilidade con servizos como Amazon Music, Apple Music, Spotify e YouTube Music, permite reproducir música cun único toque.
Tamén son compatibles con Audio LE e Auracast, ofrecendo baixa latencia para xogos e conexións eficientes. As funcións Multi-Point e Auto Switch permiten cambiar entre dispositivos sen interrupcións.
Os auriculares poden empregarse mentres se cargan por USB e, cunha carga rápida de tres minutos, ofrecen ata tres horas de reprodución continua.
Prezo e dispoñibilidade
Os WH-1000XM6 están á venda en negro, platino e azul medianoite, cun prezo recomendado de 470 euros, iniciándose a entrega dos primeiros pedidos o vindeiro dÃa 20.
VÃdeo de presentación dos auriculares Sony WH-1000XM6