Sony presentará un prototipo de visualización 3D

luns, 19 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Sony anunciou que o vindeiro día 22 de outubro na Digital Content EXPO 2009 que terá lugar no Museo Nacional da Ciencia Emerxente e o Centro Internacional de Intercambio de Tokyo presentarán un prototipo de dispositivo de representación de imaxes en 3D sen o uso de lentes grazas a un cilindro de 13 centímetros de diámetro e 27 centímetros de alto que presenta unha imaxe de 96 x 128 píxeles a 24 bits de profundidade de cor e que permite a representar unha imaxe en 360 graos, o que vai máis aló da tecnoloxía estereoscópica que na actualidade está a desenvolverse para o seu uso no cine, a televisión e os videoxogos.
A utilidade deste trebello é claramente limitada, principalmente polas súas limitacións de resolución, pero son un paso máis nunha tecnoloxía que podería servir dende para ver fotografías tridimensionais ata para visualizar imaxes médicas 3D, polo que o seu interese está no seu potencial a longo prazo.

PUBLICIDADE