Sony traballa nun eReader/caderno con pantalla de 13,3 polgadas
luns, 13 de maio do 2013
AÃnda que os lectores de libros electrónicos parecen
acorados no formato das 6 polgadas (lembremos que Kindle DX con pantalla de ,97
polgadas é o grande esquecido de Amazon), Sony atrévese a explorar tamaños
maiores, e está a traballar nun dispositivo con
pantalla de 13,3 polgadas cunha resolución de 1.200 x 1.600 pÃxeles que
busca presentarse como traslado directo do tamaño DIN A4, facilitando asà o
traslado directo do papel a este dispositivo que como grandes vantaxes terÃa un
grosor de só 6,8 milÃmetros, un peso de 385 gramos e a posibilidade de
funcionar en condicións de alta luminosidade.
Este prototipo de Sony contarÃa tamén cun lapis para poder tomar notas sobre a
pantalla, conta con 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD) e Wi-Fi, sendo capaz de funcionar durante unhas 3 semanas (co Wi-Fi
desactivado), polo que poderÃa ser unha interesante solución para usos
educativos.
AÃnda que está en fase de probas (queren empregalo durante varios meses en 3
universidades nipoas para comprobar o seu funcionamento en contornos reais),
Sony agarda poder comercializar este eReader con elementos de caderno dentro do
actual ano fiscal.