Soporte con touchpad para o portátil

mércores, 8 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Para facilitar a navegación pola Internet co portátil sobre o colo, chega o mercado a un prezo de 69,99 o Logitech Touch Lapdesk N600, unha base que protexe o noso corpo da calor xerada polo ordenador, e que integra nun lateral un grande touchpad retráctil para un uso máis cómodo do equipo.
Este soporte con superficie anti-esvarante comunícase co portátil a través dun sensor USB sen fíos, e as pilas do touchpad achégalle unha autonomía de ata 6 meses. No lateral do touchpad inclúense botóns para axustar o volume e iniciar o navegador web, contando tamén cun conmutador de acendido/apagado.

PUBLICIDADE