Soul Calibur estréase en Google Play
mércores, 27 de novembro do 2013
Hai pouco máis dun ano os usuarios de
dispositivos con iOS recibiron na App Store o xogo Soul Calibur, tÃtulo de loita que causara furor en salóns
recreativos e entre usuarios da consola Dreamcast, e agora que esta última
consola está a cumprir 15 anos, chega
Soul Calibur a Google Play,
facilitando que os usuarios de Android poidan gozar deste grande xogo de loita
que ata o 5 de decembro poderá adquirirse polo prezo promocional de 4,92 euros.
Estamos ante unha descarga de 213 Mbytes, deixando claro que pese a estarmos
ante un xogo con certa idade, goza dun grande nivel gráfico en completos personaxes
e areas de combate. Conta con distintos modos de xogo (arcade, time attack, supervivencia, supervivencia
extra, museo e práctica), un cadro de 19 loitadores con todos os seus
movementos orixinais recreados e un control virtual afinado para xogos deste
xénero.