Soul Calibur terá versión para iOS

luns, 24 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Namco Bandai confirmou que o seu clásico xogo de loita Soul Calibur, lanzado en recreativas en 1998, para saltar á Dreamcast de SEGA ao ano seguinte e incluso contar cunha adaptación descargable para a Xbox 360 dende 2008, está a adaptarse para funcionar en breve en dispositivos con iOS como o iPhone, o iPod Touch e o iPad.
Nun principio esta conversión podería parecer algo ridícula, por adaptar un xogo clásico con controis físicos a unha pantalla táctil, pero no pasado títulos como Street Fighter IV demostraron que tal tarefa é posible completarse con éxito, polo que os seareiros da saga de loita agradecerá esta conversión para poder gozar no seu trebello móbil de Apple dun xogo que marcou época.

PUBLICIDADE