Soul Eater, o novo xogo de Square Enix en exclusiva para Nintendo Wii

luns, 14 de abril do 2008 Marcus Fernández

Square Enix, cumprindo co seu obxectivo de reforzar a súa presenza na Nintendo Wii, anunciou Soul Eater: Monotone Princess, un xogo RPG baseado nunha colección de manga que mesmo conta con adaptación televisiva que se estreou a pasada semana no Xapón.
O xogo será exclusivo para Wii, e estaría inspirado na serie de Atshushi Okubo na que os Shinigamis deberán cazar 99 almas de humanos malvados e unha bruxa, no que é a típica historia de aventuras e combates ás que nos teñen afeitos dende o país nipón.
Aínda non se coñecen as datas de lanzamento tanto da serie de animación coma do xogo en España.


Cabeceira da nova serie de animación xaponesa

PUBLICIDADE