Soulcalibur chega a Xbox Live Arcade
martes, 1 de xullo do 2008Este
mércores incorpórase ao catálogo de Xbox Live Arcade o clásico xogo de loita Soulcalibur por 800 puntos
(uns 9,60 euros), que se estreara en 1999 para a consola Dreamcast de Sega e
deu lugar a distintas secuelas (quedando pouco para o lanzamento de Soul Calibur IV para Xbox 360 e PS3).
Agora, os propietarios dunha Xbox 360 poderán rememorar este tÃtulo tan ben
considerado no seu xénero, que se converteu nun dos principais referentes nos
xogos de loita en 3D (superando ás sagas de Tekken
e Virtua Fighter). Amais, esta
entrega retro de Soulcalibur está
totalmente remasterizada
para usar gráficos en alta definición e contará con distintos
modos de xogo: arcade, supervivencia, adestramento e enfrontamento
(contra un amigo).