Sphero estrea un xoguete interactivo baseado en Spider-Man
xoves, 15 de xuño do 2017
O
fabricante Sphero, popular pola comercialización dun xoguete con forma de
esfera que pode controlarse a distancia e que inspirou
ao droide BB-8 de El Despertar de la
Fuerza, parece ter atopado un bo nicho de mercado cos xoguetes premium inspirados en populares
franquías, e hoxe sorprende ao mundo anunciando o seu novo produto: unha figura de Spider-Man con
ollos animados e voz, que interactúa co usuario a través dunha aplicación
móbil dispoñible para
iOS e Android.
Este orixinal produto conéctase por Wi-Fi para recibir actualizacións, integra
horas de xogos, chistes historias e misións... ten unha impresionante
expresividade grazas aos seus ollos formados por pantallas LCD e, ao contar
cunha aplicación móbil, consegue un nivel de interacción moi elevado que
agradecerán os cativos que sexan seareiros das aventuras do trepamuros. Aínda
que o seu deseño parece orientado ao seu uso sobre a mesa (de feito conta con
función de reloxo con alarma), senón que tamén conta cunha autonomía de até 2
horas, polo que pode usarse por distintas instancias do fogar. Mide 14,5 x 21,5
centímetros e pesa 680 gramos.
Este xoguete está dirixido a cativos de a partires e 8 anos, aínda que polo
momento só está dispoñible en inglés, sendo o seu prezo de 149,99 dólares (165,67
euros con portes incluídos).
Vídeo promocional do novo xoguete de Sphero