Spider-Man Unlimited</Em> chegará a dispositivos móbiles en setembro
venres, 6 de xuño do 2014
- Poderemos ver ata 23 traxes distintos de Spider-Man neste novo tÃtulo de Gameloft
Gameloft adiantou hoxe que na feira E3
vai presentar un novo xogo de Spider-Man titulado Spider-Man Unlimited, que resulta bastante curioso, por ser moi
diferente aos anteriores xogos do trepamuros, xa será un tÃpico runner con gráficos en tres dimensións
aos que aplican cel shading para
darlles estética de banda deseñada, enriquecido con combates contra moitos dos
grandes inimigos do home araña.
Spider-Man Unlimited
chegará a iOS, Android e Windows Phone no mes de setembro, e conta unha
historia na que os Seis Sinistros abren unha fenda dimensional, o que permitirá
que versións de Spider-Man de distintas épocas e dimensións se xunten para
derrotar a ameaza, polo que podermos ver até 23 versións de Spider-Man con
diferentes traxes, instando ao xogador ao descubrilos todos.
Entre os inimigos a derrotar veremos ao Green Goblin (Trasno Verde), o Voitre
ou Electro, que tamén estarán presentes en variacións dimensionais, polo que
pode entenderse que os seareiros das aventuras de Spider-Man son os que máis
gozarán deste xogo ao poder recoñecer as numerosas versións dos personaxes que
aparecerán nesta aventura con estética de cómic.
- O xogo introduce a súa historia a través dunha especie de cómic animado
- O xogo será un runner con aparencia de cómic
Trailer de presentación de Spider-Man Unlimited