Sports Champions 2 devolve o deporte con control de movemento á PS3

mércores, 31 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O esquí é un dos deportes presentes no novo xogo para PS3

Birlos, golf, tiro con arco, esquí e boxeo serán os deportes que dende hoxe achega o xogo Sports Champions 2 para PlayStation 3, que facendo uso dos mando PlayStation Move permite unha experiencia interactiva moi completa, levando a práctica deportiva ao salón da nosa casa co éxito que xa conseguiu a súa primeira entrega.
O xogo permitirá empregar o control de movemento para superar grandes logros deportivos e contará coa posibilidade de crear competicións personalizadas para xogar con ata 4 amigos.

En Sports Champions 2 poderemos competir en tiro con arco

O seu prezo de venda solto é de 39,99 euros, podendo adquirirse tamén co mando PS Move e a cámara PS Eye por 79,99 euros (o que é un prezo excelente se tempos en conta que estes accesorios solto xa custan 69,99 euros).
Os usuarios que queiran gozar das bondades de PS Move e aínda non teñan a PS3 poden adquirir un lote que inclúe a consola doméstica de Sony (no seu modelo con 500 Gb de capacidade interna) co sistema de control de movemento por 319,99 euros, prezo que podería animar a moitos a lanzarse a este experiencia no Nadal.


Trailer de Sports Champions 2 para PS3

O xogo estará dispoñible nun lote coa PS3 e noutro con PS Move

PUBLICIDADE