Square inicia oficialmente as súas actividades en España

martes, 25 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

A empresa do fundador de Twitter, Jack Dorsey, Square, especializada en ferramentas comerciais para negocios, anuncia hoxe o seu lanzamento oficial en España tras o éxito do seu programa de acceso anticipado iniciado o pasado mes de setembro.
Square ofrece servizos de software, pagamentos e hardware para empresas de todos os programas, que facilitan a creación de tendas en liña, a aceptación de pagamentos con tarxetas bancarias, a xestión do inventario de tendas e incluso contan con ferramentas para a programación de citas, a xestión de empregados e a facturación a clientes.
Os servizos que están agora dispoñibles en España son: o software e equipos TPV que se adaptan a calquera negocio, a solución TPV Square, Square para restaurantes e Citas Square. Tamén podemos adquirir os produtos de hardware Square Register (un TPV completo), Square Terminal (un datáfono para aceptar pagamentos) e Square Reader (un lector de tarxetas compacto para aceptar pagamentos con tarxeta dende dispositivos móbiles) a un prezo promocional até o vindeiro 25 de abril.
Square tamén ofrece numerosas solucións para pagamentos en liña, con integración nas principais plataformas de comercio electrónico e con ferramentas para que desenvolvedores externos poidan integrar Square nos seus sistemas.

PUBLICIDADE