Star Wars Jedi: Fallen Order terá secuela en 2023
luns, 30 de maio do 2022
No marco da Star Wars Celebration anunciouse que o aclamado
xogo Star Wars Jedi: Fallen Order terÃa unha secuela ambientada 5 anos
despois, Star
Wars Jedi: Survivor, que chegará en 2023 a PlayStation 5, Xbox Series
X|S e PC.
Esta aventura de acción en terceira persoa protagonizada por Cal Kestis, un
Jedi que sobreviviu á Orde 66, está a ser desenvolvida por Respawn
Entertainment, o que é toda unha garantÃa de calidade, especialmente se temos
en conta que o
xogo poderá tirar proveito das vantaxes das consolas de nova xeración, polo
que previsiblemente ofrecerá unha experiencia superior á da súa anterior
entrega.
Nesta saga temos a Cal Kestis, acompañado polo seu droide BD-1, tratando de
sobrevivir ao Imperio e aos perigosos inquisidores á vez que desenvolve novas
habilidades baseadas na Forza, polo que en Survivor atoparemos máis
acción e tamén un avance na narrativa que tanto interesa aos amantes do
universo de Star Wars.
VÃdeo de adianto de Star Wars Jedi: Survivor