Star Wars Jedi: Survivor precisa de descargas na súa versión en disco
luns, 24 de abril do 2023
Esta semana sae á
venda o xogo Star Wars
Jedi: Survivor, con versións para PC, PlayStation 5 e Xbox Series X|S, pero
en
Nova Zelandia xa tiveron acceso a copias fÃsicas deste tÃtulo, destacando
que na súa portada pode lerse a advertencia de Download Required, ou
sexa, que os discos incluÃdos na caixa non traen o xogo completo, senón que é
precisa certa descarga adicional para poder gozar desta nova entrega das
aventuras de Cal Kestis.
Ao parecer, a versión
para PlayStation 5 ocupa un total de
147,577 GB, polo que non serÃa de sorprender que este tÃtulo chegase ás
tendas nun único disco de 100 GB e o resto do xogo haxa que descargalo (aÃnda
que serÃa a primeira vez na que o disco apenas conta con contido, e basicamente
inclúe datos para validar a súa compra, descargándose case a súa totalidade da
Rede).
A
versión para PC do xogo tamén indica que é preciso ter 155 GB de espazo
dispoñible en disco para poder gozar de Star Wars Jedi: Survivor, o que está
a converterse nunha tendencia nas grandes producións, deixando cada vez en peor
lugar aos soportes fÃsicos que deixaron de evolucionar hai anos, polo que cada
vez será máis complicado poder conservar xogos en disco óptico, e semella que
será inevitable o paso aos códigos de descarga e fórmulas semellantes, para
desgraza dos coleccionistas e dos amantes da preservación dos xogos a longo
prazo.