Star Wars Rebels estrea xogo para dispositivos con Windows

venres, 27 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Baseándose na serie de televisión Star Wars Rebels chega un novo xogo que podemos descargar de balde en Windows 8 e en Windows Phone 8, que ofrece 4 niveis de balde nos que loitar contra o Imperio encarnado a Ezra Bridger, eludir aos cazas TIE, acabar con soldados de asalto e conducir un PM-TT, aínda que para poder gozar de 30 niveis adicionais e máis de 50 desafíos únicos será preciso realizar pagamentos dentro da apliacción.
Este xogo presenta uns gráficos detallados moi fieis á serie televisiva, goza de grandes sombreados e efectos visuais dinámicos e conta cun sistema de control bastante ben adaptado aos distintos dispositivos, de xeito que no ordenador podemos manexar ao protagonista mediante unha combinación de teclado e rato, mentres que en dispositivos táctiles teremos controis virtuais en pantalla que suplirán as mesmas funcións. Un máis que correcta adaptación dunha serie de televisión ao videoxogo, que sen dúbida agradará aos seareiros da ficción da pequena pantalla, mantendo un nivel de complexidade que o faga moi asumible, aínda que os xogadores máis afeitos aos xogos de plataformas poderán espremer aínda máis o que dá de si este título.


Trailer do novo xogo de Star Wars Rebels

PUBLICIDADE