Star Wars: The Old Republic será de balde durante a vindeira fin de semana

mércores, 14 de marzo do 2012 Marcus Fernández

O xogo Star Wars: The Old Republic parece estar a conseguir algo tan difícil como é sobrevivir a World of Warcraft, pois o resto de xogos masivos en liña baseados en subscrición non cesan de caer para reformularse coma títulos free to play, e para que máis xogadores poidan probar se este xogo baseado na popular franquía de George Lucas durante esta fin de semana poderá gozarse de balde.
Dende este xoves ás 18:00 horas ata as 8:00 horas do vindeiro luns será posible gozar desta fin de semana de balde, deixando unhas marxes de tempo xenerosas para adaptarse aos distintos usos horarios e para permitir a descarga do xogo (que pode levar varias horas, dependendo da velocidade da nosa conexións á Rede). Cómpre destacar que este período de probas terá certas limitacións, como acontece cos usuarios que gozan de períodos de probas de 7 días: non poder superar o nivel 15 nos personaxes, limitación nos mundos nos que o personaxe pode visitar, restricións no uso do chat...

Durante a fin de semana poderá gozarse de balde (con algunhas limitacións) do xogo multixogador en liña baseado na franquía de Star Wars

PUBLICIDADE