Starlink estrea portabilidade
venres, 6 de maio do 2022
O servizo de acceso á Rede mediante satélites de baixa altura
promovido por SpaceX, Starlink, leva poucos meses dispoñible en España a uns prezos que poden
considerarse bastante elevados (o pedido inicial sae en 710 euros e o
servizo custa polo momento 108 euros/mes, coa posibilidade de incrementarse
nuns 11 euros/mes en breve), destacando o feito de que, pese a funcionar
mediante antenas de satélite, este tipo de conexións están concibidas para
funcionar nunha localización especÃfica fixa.
En vista de que moitos usuarios querÃan aproveitar esta tecnoloxÃa para ter
acceso á Rede en lugares remotos variables dende
Starlink están a ofrecer agora a posibilidade de incorporar ao servizo a opción
de portabilidade, ou sexa, que poderá trasladar o seu servizo temporalmente
dentro do mesmo continente, para o que deberá pagar 25 dólares máis ao mes.
Cómpre salientar que utilizar o servizo de Starlink en localizacións distintas
á de contratación inicial pode supor problemas, xa que a rede está optimizada para
servir a uns usuarios en posicións en concreto, e serán os usuarios fixos os
que teñan prioridade no acceso á Rede, á vez que tamén é posible que o usuario
estea nunha posición xeográfica con mala cobertura.
Polo momento non é posible utilizar Starlink en movemento, pero dende a
compañÃa están a traballar para poder facelo posible no futuro.