SteamVR permite engadir escritorios flotantes a escenarios virtuais
luns, 9 de agosto do 2021
O
software de realidade virtual de Valve, SteamVR,
na súa última beta incorpora unha funcionalidade bastante rechamante, que
pode resultar moi práctica para moitos usuarios: a posibilidade de engadir fiestras
flotantes dentro dos contornos virtuais nas que corra un escritorio de Windows,
ou sexa, que dentro dos mundos virtuais temos un curioso xeito de poder seguir
pendente dun chat, consultar información de interese ou incluso estar pendente
do inicio dunha retransmisión en directo, de xeito que non é preciso quitar o
casco de VR para poder consultar un escritorio informático.
SteamVR xa contaba con xeito de empregar escritorios de Windows (por exemplo,
asociando aplicacións á barra de ferramentas), pero con esta nova función
facilita o uso dun escritorio informático de xeito persistente mentres estamos
nun mundo virtual.
VÃdeo no que podemos ver os escritorios flotantes nun contorno virtual