StoreDot presenta baterÃas de móbil que poderÃan cargarse en só 2 minutos
xoves, 8 de xaneiro do 2015
Un dos
grandes problemas dos smartphones actuais é sen dúbida a súa reducida
autonomÃa, e como un interesante xeito de abordar esta eiva no CES de Las Vegas
está a verse a tecnoloxÃa desenvolvida por StoreDot, unha nova empresa que
amosou un cargador
rápido que nas demostracións realizadas era capaz de levar até o 100% da súa
capacidade á baterÃa dun Samsung Galaxy S5.
Dende StoreDot recoñecen que para conseguir tal avance teñen que sacrificar a
vida da baterÃa, ou sexa, que aÃnda que a baterÃa se cargue completamente, a
súa carga non se manterÃa durante moito tempo, pero ao poder cargarse en menos
de 2 minutos, a molestia de ter que recargar o teléfono unha ou dúas veces ao
dÃa non serÃa un problema.
Esta empresa buscou abordar o problema dun xeito diferente ao habitual, de
xeito que en vez de intentar incrementar a capacidade das baterÃas, centrouse
en reducir o seu tempo de carga, para o que tiveron que redeseñar as súas
estruturas internas.
AÃnda que nesta primeira etapa están a desenvolver esta tecnoloxÃa aplicándoa a
smartphones actuais, a idea serÃa que a integrasen directamente os fabricantes,
o que poderÃa incrementar o prezo dos terminais nuns 50 dólares, esperándose
que poidamos ver produtos con esta tecnoloxÃa dentro dun par de anos.
Dende StoreDot non se están a centrar só na aplicación da súa tecnoloxÃa en
smartphones, senón que tamén agardan poder abordar outros ámbitos de aplicación
no futuro como os vehÃculos eléctricos, onde as baterÃas están a ser o seu
principal reto, e poder cargar a baterÃa dun coche en minutos en vez de ter que
empregar horas poderÃa ser unha solución máis que convincente para adoptar tal
tecnoloxÃa. O director xeral de StoreDot, Doron Myersdorf, asegura que xa teñen
prototipos do seus sistema de recarga que poderÃa aplicarse a baterÃas dun
coche eléctrico de Tesla, que poderÃan cargarse en só 3 minutos, e que poderÃan
ser unha realidade comercial nun ano.