Street Fighter IV renóvase en iOS estreando unha Champion Edition

mércores, 12 de xullo do 2017 Marcus Fernández

A App Store vén de recibir un xogo que agradecerán os seareiros dos títulos de loita de Capcom, Street Fighter IV: Champion Edition, unha conversión do xa clásico de consola e ordenador que converteuse en todo un referente nos eSports e que xa contaba cunha versión básica para dispositivos móbiles, pero que desta volta conta con gráficos de maior resolución, tres novos personaxes (Poison, Ibuki e Dudley), soporte para pantallas panorámicas e numerosas correccións e melloras.
Este novo xogo para iOS véndese a un prezo de 5,49 euros e preséntanos a 25 loitadores (aos que sumaranse outros 6 como actualizacións de balde), manéxase mediante controis virtuais en pantalla sendo tamén compatible con mandos MFi (agás nos menús), ofrece a posibilidade de combater en liña contra xogadores de todo o mundo a través de Wi-Fi ou banda larga móbil, conta con modo arcade de 1 xogador ou multixogadora, ten 4 niveis de dificultade e incluso permite desatar movementos espectaculares co botón SP.

Dudley, Poison e Ibuki son os 3 primeiros novos loitadores que se incorporan no xogo. En futuras actualizacións integraranse outros 6.
Os controis en pantalla permiten realizar toda clase de movementos e ataques dentro do xogo

Tráiler de Street Fighter IV Champion Edition

PUBLICIDADE