Street Fighter V recibe esta semana unha importante actualización
luns, 27 de xuño do 2016
O vindeiro dÃa 30 ás 23:00 horas os servidores que atenden
ao xogo de loita Street Fighter V van
entrar nun proceso de mantemento até as 9:00 horas do 1 de xullo, cando está
previsto que chegue a todo o mundo a agardada grande actualización de verán do
xogo, que incluirá
como principal novidade o modo historia (separado do lanzamento inicial do
xogo para non descoidar este elemento tan importante), aÃnda que os usuarios
máis interesados na competición pura agradecerán máis a incorporación
de dous novos loitadores: Balrog e Ibuki.
Balrog é un dos personaxes máis coñecidos da historia de Street Fighter, que incorporouse en Street Fighter II e que estaba inspirado no boxeador profesional
Mike Tyson (de feito, para disimular tal inspiración
optaron por intercambiarlle o seu nome orixinal, M. Bison, co doutro loitador para
evitar problemas legais). Este loitador tamén apareceu en Street Fighter Alpha 3, Street
Fighter IV, Capcom vs. SNK e Street Fighter X Tekken, polo que resultaba
evidente que terÃa que estar dispoñible en Street
Fighter V, xogo que grazas ás súas sucesivas actualizacións vai collendo
forma para converterse no tÃtulo que se esperaba dende o primeiro dÃa.
Tráiler de presentación de Ibuki
Tráiler de presentación de Balrog