Super Mario Bros. estrea versión battle royale

xoves, 1 de outubro do 2020 Marcus Fernández

Até o 31 de marzo de 2021 está dispoñible para os subscritores de Nintendo Switch Online e xogo Super Mario Bros. 35, un título co que queren celebrar o 35º aniversario de Super Mario Bros., e que nesta homenaxe transfórmase nun título para 35 xogadores en liña simultáneos, de xeito que o clásico xogo de plataformas convértese nun battle royale.
Cada partida de Super Mario Bros. 35 permite competir nunha configuración aleatoria dos niveis do xogo orixinal, podendo os usuarios suxerir e votar o nivel polo que comezará a partida.
Aparte de competir contra 34 opoñentes, tamén hai que competir contra o reloxo, para o que cóntase con 35 segundos iniciais que poden incrementarse pisando inimigos.
Como noutros xogos competitivos, será posible lanzar ataques contra os xogadores que están a piques de perder, de xeito que pode reclamarse o tempo que teñan acumulado xuntos coas moedas que recolleran durante a partida, sendo as moeda un factor chave para a competición, xa que poden gastarse no medio da partida para recibir potenciadores.

Tráiler de lanzamento do Super Mario Bros. 35

PUBLICIDADE