Super Mario Galaxy 2 incluirá un DVD adicional

venres, 30 de abril do 2010 Marcus Fernández

Para o 11 de xuño está previsto o lanzamento do xogo Super Mario Galaxy 2 en España, e ao desvelarse cómo será a cuberta europea do que promete ser o título estrela da Wii durante os vindeiros meses, podemos ver que o xogo virá acompañado dun DVD que axudaría aos usuarios que non xogase á anterior entrega da saga a familiarizarse co revolucionario sistema de control do que fai uso este xogo que tamén conta coa tecnoloxía Cosmic Guide (coñecida no Super Mario Bros Wii coma Super Guide que axudará aos usuarios a superar certas partes do xogo de quedaren atascados).
Para ir preparando ao público ás novidades que incorporará Super Mario Galaxy 2, dende Nintendo van publicando distintos vídeos na canle da Wii en YouTube coma o seguinte:

PUBLICIDADE