Super Mario Kart chega o venres á Consola Virtual da Wii
luns, 29 de marzo do 2010
O vindeiro venres
2 de abril a Consola Virtual da Wii vai recibir un novo
xogo que vai ter por prezo 800 Wii Points (8 euros) e que moitos
recibirán cos brazos abertos por ser un dos grandes clásicos da SuperNintendo,
o Super Mario Kart.
Este tÃtulo de 1992 conta con 20 circuÃtos, gráficos en Modo 7, recolección de
moedas e modo multixogador a pantalla partida, que conserva boa parte do seu
encanto pese a que xa goza de versións modernas para Wii e Nintendo DS. Os
norteamericanos e xaponeses pode adquirir este xogo para a Consola Virtual
dende o ano pasado, pero aquà chega nun momento bastante atinado, pois aÃnda
faltan bastantes semanas para o lanzamento do Super Mario Galaxy 2, mentres que o
último xogo de Sonic puido lembrar a moitos os tÃtulos de carreiras
de coches protagonizados por personaxes de videoxogos, dos que Super Mario Kart é sen dúbida un
referente.
- O xogo inclúe a posibilidade de xogar en pantalla partida
|