Super Mario Run precisará de conexión á Rede para funcionar
venres, 9 de decembro do 2016
Esta semana foi bastante especial para Nintendo, xa que
aÃnda que non presentarán oficialmente a súa consola Nintendo Switch até o 13
de xaneiro, aproveitaron a campaña promocional de Super Mario Run (xogo móbil que o vindeiro dÃa 15 chegará a iOS)
para deixar ver a futura consola no
programa de televisión de Jimmy Fallon. Deixouse pouco espazo para a nova
máquina, xa que non era o momento de detallar información sobre a mesma, pero
do que si deron moitos detalles é do que achegará Super Mario Run, e certos elementos poderÃan non estar carentes de
polémica.
Onte mesmo Shigeru
Miyamoto participou nun chat coa xente de Mashable sobre Super Mario Run onde o creador de Mario confirmou que o novo
xogo para móbiles precisará de conexións a Internet para funcionar, incluso nos
modos de xogo máis básicos, como una medida de protección anti-copia, aÃnda que
a conexión á Rede tamén aproveitarase dentro do propio xogo. Tamén recoñeceu
que o establecemento dun contorno seguro para o xogo foi un dos motivos que os
levou a que Super Mario Run vaia saÃr
inicialmente para iPhone e iPad (polo que a versión para Android inspirarÃase
no traballo que fagan para iOS).
Dos tres modos de xogo que inclúe o primeiro tÃtulo móbil de Mario existe un
modo historia que si poderÃa funcionar sen conexión á Rede, pero como os outros
dous modos teñen unha forte dependencia de datos en liña, consideraron máis
atinado que todos os modos de xogo aproveiten as funcionalidades que dá a conectividade
en liña.
Super Mario Run sairá á venda o
vindeiro xoves, e aÃnda que poderá descargarse de balde, ofrecerá só unha
experiencia limitada que poderiamos considerar como unha demo, de xeito que para ter o xogo completo haberá que pagar 9,99
euros, o que incluirá o acceso a varias actualizacións que o xogo incorporará
nos vindeiros meses.
Super Mario Run e a Nintendo Switch no programa televisivo de Jimmy Fallon