Super Smash Bros. Brawl chegará a Europa en xuño

mércores, 20 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O xogo Super Smash Bros. Brawl, que tanto éxito está a ter no Xapón, farase agardar bastante en Europa, e non sairá ata o vindeiro 6 de xuño, cando se agarda que, cando menos, se comece a vender en Francia.
A nova entrega de Mario é xa o primeiro xogo en superar o millón de copias no Xapón e está a converterse nun dos videoxogos máis agardados dos últimos anos, prometendo converterse no título máis popular para Nintendo Wii en 2008.

PUBLICIDADE